Fisterra

Presentación

• Habitantes: 5.084
• Superficie en km²: 29,6
• Capital: Fisterra.
• Parroquias: San Martiño de Duio, San Vicente de Duio,Santa María de Fisterra,San Xoan de Sardiñeiro.

A lingua de terra que ocupa o municipio fisterrán ten dúas caras completamente diferentes. A que mira ao mar aberto pertence ao extremo occidental da Costa da Morte. É áspera, dura, azotada por un mar interminable.
Polo contrario, dobrando o cabo e mirando á ría de Corcubión esténdense dúas encantadoras ensenadas, Sardiñeiro e Langosteira, e o pintoresco porto, protexidos dos ventos polo monte Facho, onde se sitúao faro, e os de Veladoiro (243 metros) e Seoane (247 metros).

Fóra de estas elevacións, o relevo é suavemente ondulado ou chairo.

Os principais accidentes xeográficos son os montes anteriormente citados e os pequenos regatos, entre os que destaca O Grande, que atravesa as parroquias de Duio e desemboca na praia da Langosteira.

A superficie do termo é de 28,4 quilómetros cadrados. Ten unha importante concentración urbana na vila de Fisterra (2.956 habitantes). O resto de la poboación, ata os 5.197 habitantes do censo de 1986, se reparte polas parroquias de Duio e Sardiñeiro.

A pesca, principalmente costeira e de baixura, é a principal ocupación dunha poboación que tamén se adica á gandería e a agricultura.

Como Chegar

Dende A Coruña:
Pola C-552 ata Fisterra (108 quilómetros).

Dende Santiago:
Por Negreira e Berdeogas, enlazando coa C-552 ata Fisterra (95 quilómetros). Máis turística é a estrada da costa pasando por Noia, Muros e Cee (120 quilómetros).
Contacto
• Teléfono: 981 740 001 GRATIS 981 740 001
Web oficial
www.concellofisterra.com

Share Button